O HTC One (E8) opta polo policarbonato para reducir o seu prezo

martes, 3 de xuño do 2014 Marcus Fernández

A renovación do HTC One empregou como identificador unha referencia entre parénteses (M8) que o diferenciaba do modelo de 2013, e este terminal de acabado de alta calidade está a conseguir destacar como un dos terminais de referencia no mercado na liña do éxito acadado polo seu predecesor, pero a súa fabricación premium pode ser un importante atranco para a súa comercialización en numerosos mercados (dado o seu elevado prezo) de aí que HTC sorpréndanos agora anunciando o HTC One (E8) (onde estará dispoñible por 2.799 iuans, que veñen a ser uns 329 euros), que mantén a mesma estética, pero prescinde da súa carcasa metálica optando polo policarbonato, o que reduciría o seu prezo a practicamente a metade, permitindo a´si que poida resultar competitivo en mercados coma o chinés. Os novos materiais facilitan que o smartphone chegue ás tendas en cores máis vivos: branco, gris, escarlata e azul.
O novo smartphone incorpora funcións como as do seu modelo anterior (como aceptar xestos que permitan responder unha chamada con achegar o móbil á orella ou activar a cámara a través dos botóns de volume, e gozar de potentes altofalantes frontais) e algunha novidade (a súa cámara traseira é de 13 Mpíxeles en vez de apostar polos ultrapíxeles do modelo premium, inclúe software para facilitar as auto-fotos coa cámara frontal de 5 Mpíxeles e nalgúns mercados soportará dobre SIM).

O HTC One (E8) chegará en 4 cores distintas

PUBLICIDADE