O HTC One (M8) poderia estrear versión con Windows Phone este mesmo mes
luns, 11 de agosto do 2014
HTC e Microsoft teñen programado un evento para a prensa en
New York para o vindeiro 19 de agosto, rumoreándose que servirá para presentar
un smartphone de alta gama con Windows Phone 8.1, que nun principio comentaban
que poderÃa responder ao nome de HTC One (W8) pero que agora están a chamar HTC
One (M8) para Windows, e que como ben indica o seu nome, serÃa unha versión do
móbil insignia de HTC adaptada ao sistema operativo de Microsoft.
Dende
Windows Phone Central están a dar conta das especificacións deste smartphone
con Windows Phone 8.1, que contarÃa cunha pantalla Super LCD3 Full HD de 5
polgadas, procesador Qualcomm Snapdragon 801 de catro núcleos a 2,3 GHz, 2 Gb
de RAM, 32 Gb de almacenamento interno (ampliable mediante tarxetas microSD de
até 128 Gb), cámara traseira UltrapÃxel, cámara frontal de 5 MpÃxeles, HTC
Boomsound, baterÃa de 2.600 mAh, funda HTC Dot View, un grosor de 9,35
milÃmetros e un peso de 160 gramos, combinación de prestacións que o
converterÃan nun dos smartphones co sistema operativo de Microsoft máis
atractivos do mercado, e un dos poucos que poderÃa ter a cabeza ben alta sen
ter a marca Nokia na súa carcasa.