O Hobbit estrea videoxogo móbil free-to-play

venres, 9 de novembro do 2012 Marcus Fernández

Os seareiros da fantasía de J.R.R. Tolkien están a agardar con impaciencia a adaptación en forma de triloxía cinematográfica a novela de O Hobbit, pero quen desexe achegarse a tal aventura a xeito de xogo masivo en liña poden xa facelo dende dispositivos móbiles con The Hobbit: Kingdoms of Middle-Earth, título que podemos descargar de balde para Android, iPhone, iPod Touch e iPad, e que permite incorporarse á batalla pola Terra Media con milleiros de xogadores en liña que se reparten en as faccións élfica e anana, permitíndonos tomar bando para poder gozar de cada unha das súas peculiaridades segundo a nosa elección.
No xogo non faltan Gandalf, Bilbo, Thrin, Legolas e outros personaxes da obra de Tolkien, está dispoñible en inglés, español, alemán, francés, italiano e portugués, foi desenvolvido por Kabam e Warner Bros. Interactive Entertainment e cómpre destacar que aínda que poida xogarse de balde, dentro do mesmo é posible adquirir moedas (mithrils) con cartos reais para poder evolucionar de xeito máis rápido neste título de estratexia para dispositivos móbiles que busca que os seareiros da película dirixida por Peter Jackson poidan conectar coa aventura mentres explorar os personaxes, conflitos e localizacións desta fantástica e épica aventura.


Trailer da versión para Android do xogo

PUBLICIDADE