O HomePod de Apple poderá reservarse a partires do venres nalgúns paÃses
martes, 23 de xaneiro do 2018
O pasado mes de novembro confirmouse que o agardado
altofalante de Apple, o
HomePod, non verÃa a luz en 2017 pese ás intencións iniciais da compañÃa de
Cupertino de chegar a tempo para a campaña de Nadal, e agora poñen data de
lanzamento a este novo produto: o 9 de febreiro. O produto poderá
mercarse anticipadamente a partires do vindeiro venres dende EE.UU., Reino
Unido e Australia, estando previsto o seu lanzamento en Francia e Alemaña para
primavera, quedando como incógnita cando poderá mercarse en España.
O HomePod é un altofalante
conectado que permite o seu control por voz valéndose da tecnoloxÃa de Siri, e
que, en contrate cos altofalantes conectados de Amazon, céntrase na calidade
sonora, ou sexa, que en vez de competir cos Amazon Echo estarÃa máis orientado
a compararse cos produtos de Sonos. A idea de Apple é que os usuarios que
merquen o HomePod teñan unha subscrición activa a Apple Music, de xeito que
poidan escoitar o seu inmenso catálogo musical no fogar dun xeito cómodo e con
boa calidade.
A integración de Siri no HomePod tamén permitirá enviar mensaxes, programar recordatorios,
reproducir podcasts, comprobar as novas, o estado do tráfico, os resultados
deportivos ou a predición meteorolóxica e incluso controlar accesorios
domóticos compatibles con HomeKit.
O altofalante ten unha altura de 172 milÃmetros, un diámetro de 142 milÃmetros,
un peso de 2,5 quilos e venderase en cor branca e gris espacial, sendo o seu
prezo de vendas nos EE.UU. de 349 dólares (284 euros).