O Honor 7 chega oficialmente a Europa a través de vMail

luns, 31 de agosto do 2015 Marcus Fernández

Este días está a estrearse oficialmente a versión europea do smartphone Honor 7, un dispositivo de estrutura metálica deseñado para que poida controlarse comodamente cunha man pese a gozar dunha pantalla de 5,2 polgadas, e que conta cunhas excelentes prestacións pese a estarmos ante un terminal de prezo moi contido que agora é máis doado de conseguir, xa que Honor e Huawei estrean tenda en liña oficial en Europa, vMail, onde pode mercarse o Honor 7 por 349,99 euros (aínda que por tempo limitado está dispoñible un cupón de desconto que deixaría o prezo en 299,99 euros). Na mesma tenda podemos atopar ofertas como o Honor 4X a só 169,99 euros ou o Honor 6 Plus por 349,99 euros, á vez que tamén é unha canle moi axeitada para facerse cos prestixiosos Huawei P8 e P8 Premium a 499,99 e 599,99 euros respectivamente.
Volvendo ao Honor 7 temos non só un smartphone cun deseño elegante e un acabado de calidade, senón tamén con prestacións avanzadas como un lector de pegada dixital de 360 graos dende varios ángulos que pretende ser moi práctico para o desbloqueo do terminal (xa que despois de adestrar debidamente ao teléfono para que recoñeza as nosas pegadas será moito máis rápido empregar o dedo para desbloquear o teléfono que empregar un patrón ou un PIN).
O Honor 7 funciona cun procesador Kirin de 8 núcleos, 3 GB de RAM, 16 GB de almacenamento interno, pantalla Full HD de 5,2 polgadas, cámaras de 20 e 8 Mpíxeles, sistema de dobre antena para unha mellor cobertura, 4G, Bluetooth .41, Wi-Fi AC, batería de 3.100 mAh (que pode aproveitarse para cargar outros dispositivos), un grosor de 8,5 milímetros, un peso de 157 gramos e sistema operativo Android 5.0. Un smartphone realmente completo, que chega ao mercado europeo a un prezo moi axustado.

Este smartphone metálico ten unha construción robusta, un deseño elegante e unhas prestacións moi avanzadas

PUBLICIDADE