O Honor 7c sae á venda na India esta semana
mércores, 20 de xuño do 2018
A marca Honor continúa a ampliar o seu catálogo, de xeito
que os usuarios de dispositivos de gama media terán unha mellor oferta á hora
de elixir entre dispositivos con boas prestacións e prezos axustados, como o
novo Honor 7c,
que mañá mesmo sae á venda na India, curiosamente distribuÃdo
en exclusiva por Amazon, a un prezo de 9.999 rupias (127 euros) para o
modelo con 3 GB de RAM e 32 GB de almacenamento interno, e de 11.999 rupias (152
euros) para o modelo con 4 GB de RAM e 64 GB de almacenamento interno.
Este atractivo móbil, que venderase en cor azul, negra ou amarela, funciona cun
procesador Qualcomm Snapdragon 450 de 8 núcleos, que presume dunha cámara dual
traseira de 13 e 2 MpÃxeles, que conta cunha cámara frontal de 8 MpÃxeles cunha
apertura de f/2.0, pantalla FullView de 5,99 polgadas cunha relación de aspecto
de 18:9 cunha resolución de 1.400 x 720 pÃxeles, Wi-Fi N, Bluetooth 4.2, lector
traseiro de pegadas dixitais (contando tamén con desbloqueo de pantalla
mediante recoñecemento facial), lector de tarxetas microSD de até 256 GB,
baterÃa de 3.000 mAh, sistema operativo Android 8.0 con EMUI 8.0, un grosor de
7,8 milÃmetros e un peso de 164 gramos.
Dado que estes dÃas chega ao mercado da India, é de esperar que este terminal poida atoparse en España ao longo do verán.