O Honor 8 Pro achega elevadas prestacións sen disparar o seu prezo

mércores, 5 de abril do 2017 Marcus Fernández

Huawei estreará o vindeiro día 12 en Europa un dos seus novos móbiles de referencia, o Honor 8 Pro, que xa pode reservarse en varios lotes con accesorios a un prezo de 549 euros, deixando claro que estamos ante un smartphone de alta gama e elevadas prestacións que poderase adquirir en 3 cores distintas (negro, ouro e azul).
Estamos ante un teléfono cun deseño elegante, un corpo de metal ultradelgado (só 6,97 milímetros de grosor), un potente procesador Kirin 960 de 8 núcleos, 6 GB de RAM, 64 GB de almacenamento interno (ampliable mediante tarxetas microSD de até 128 GB), pantalla Quad HD de 5,7 polgadas, dobre cámara traseira de 12 Mpíxeles (unha monocroma e outra de cor) con gravación en 4K, Wi-Fi N, Bluetooth 4.2, USB-C, lector de pegadas dixitais, NFC, toma de auriculares, unha xenerosa batería de 4.000 mAh (o que permitiría o seu funcionamento até 2 días seguidos cunha única carga) e sistema operativo EMUI 5.1 baseado en Android 7.0. Ou sexa, un móbil cunha boa relación calidade-prezo, especialmente se consideramos que pode mercarse directamente en Europa.

PUBLICIDADE