O Huawei P Smart renovarase o 15 de xaneiro
venres, 28 de decembro do 2018
Hai uns dÃas filtrouse o que
será un dos smartphones supervendas do ano que vén, o Huawei P Smart 2019, e
agora confÃrmase que este teléfono chegará ao mercado
español o 15 de xaneiro a un prezo de 249 euros, indo a parar parte dos
ingresos xerados polo terminal á Fundación
de Investigación CRIS Contra o Cancro.
O novo teléfono toma detalles de deseño dos seus irmáns maiores, de xeito que
democratiza elementos de dispositivos de gamas superiores, como unha pestana
superior de tamaño reducido (limÃtase a un cÃrculo central ao redor da súa cámara
frontal) que permite que a súa pantalla Full HD+ de 6,21 polgadas maximice o
seu espazo na frontal do móbil; asà como unha carcasa con acabado twilight (cor degradada que presentaban
móbiles como o P20 Pro).
Afondando nas especificacións, o novo Huawei P Smart funciona cun procesador
Kirin 710 de 8 núcleos, 3 GB de RAM, 64 GB de almacenamento interno (ampliable
mediante tarxetas microSD de até 512 GB), cámara traseira dual de 13 e 2
MpÃxeles, cámara frontal de 8 MpÃxeles, lector traseiro de pegadas dixitais,
Wi-Fi AC, Bluetooth 4.2, NFC, baterÃa de 3.400 mAh e sistema operativo Android
9 coa capa de personalización EMUI 9.0.
Resulta un tanto raro comprobar que este smartphone limite a súa RAM a 3 GB e opte
por un conector de carga micro USB (cando a súa baterÃa agradecerÃa conexión
USB-C con carga rápida), dando a impresión de que fan tal para non erosionar as
vendas de terminais superiores.