O Kensington ShareCentral comparte dispositivos USB entre 2 ordenadores

martes, 17 de xuño do 2008 Marcus Fernández

Compartir un dispositivo USB entre varios ordenadores pode ser un tanto molesto, por ter que andar a conectar e desconectar cables constantemente ou, de facelo a través dunha rede local, tendo que ter o equipo anfitrión acendido para poder empregar o dispositivo conectado ao mesmo, o que pretende solucionar o novo Kensington ShareCentral, que permite compartir varios dispositivos USB entre 2 ordenadores, podendo conmutar o equipo que accede a cada trebello mediante a simple pulsación dun botón (e no caso de compartir unha impresora nin sequera sería preciso facer tal, xa que inclúe un software especial que detecta cando imos a imprimir e automatiza a conmutación da impresora).
Este curioso accesorio véndese en versións de 1, 3 e 5 portos a 39,99, 59,99 e 79,99 dólares respectivamente.

PUBLICIDADE