O Kindle Oasis inclúe unha funda que incrementa a súa autonomÃa
mércores, 13 de abril do 2016
A semana comezou coa filtración
do novo lector de libros electrónicos de Amazon, que parecÃa un produto
incluso poderÃa parece inferior aos seus predecesores por recuperar o uso de
botóns fÃsicos, pero hoxe estreouse oficialmente o Kindle Oasis e finalmente estamos
ante o produto máis caro da súa familia, xa que estamos ante o eReader máis
avanzado, máis lixeiro, con maior autonomÃa e un deseño que dende o punto de
vista dun lector podemos considerar máis atinado.
O Kindle Oasis supón a reinvención desta familia de dispositivos, ofrecéndose
con funda en cor burdeos, negra ou nogueira e conexión Wi-Fi a un prezo de
289,99 euros (aos que haberÃa que sumar 60 euros se queremos o modelo con
conectividade 3G de balde), afastándose moito dos 79,99 euros dun Kindle básico
ou incluso dos 189,99 euros dun Kindle Voyage, polo que enténdese que está
pensado para usuarios moi intensivos.
O novo trebello ten unha pantalla táctil de cristal máis sólida, un marco máis
lixeiro, e a súa pantalla de 3,4 milÃmetros de grosor dálle un aspecto
estilizado, pero que combÃnase cunha parte do dispositivo destinada a unha
suxeición ergonómica (cun grosor de até 8,5 milÃmetros) que inclúe botóns para
o paso de páxina cunha soa man. Amais, o deseño é ambidextro, xa que o Kindle
Voyage inclúe sensores para detectar a súa posición, de xeito que pode xirarse
180 graos para empregalo coa outra man.
AÃnda que o novo Kindle mantén a resolución de pantalla de 300 puntos por
polgada, a luz de lectura integrada ten agora un 60% máis de luces LED,
conseguindo asà unha maior uniformidade do brillo da pantalla (conseguindo unha
sensación de lectura máis agradable e moi diferente da que se ten con tabletas
retroiluminadas, xa que neste caso a iluminación é frontal).
Pero non só cambio o lector de libros electrónicos en si mesmo, senón que garda
un grande as na súa manga: a súa funda de coiro de alta calidade. Non só
protexe o lector e dálle un acabado elegante, senón que tamén integra baterÃa, de
xeito que o Kindle Voyage pode manter a súa carga durante meses (grazas en boa
medida por un modo de hibernación que minimiza o consumo de enerxÃa cando o
Kindle non está en uso.
O lector solto ten un peso de 131 gramos, mentres que coa funda chega até os
238 gramos, manténdose nun rango de peso confortable para a lectura durante
moitas horas.
AÃnda que xa está dispoñible para a súa reserva, o produto non sairá á venda até o 27 de abril.
- O Kindle Oasis pode adquirirse con funda dispoñible en tres cores distintas