O Kindle Paperwhite chegará a España o 22 de novembro

xoves, 11 de outubro do 2012 Marcus Fernández

O Kindle Paperwhite preséntase como mellor eReader do mercado

O pasado 1 de outubro Amazon estreou nos EE.UU. unha nova versión dos seus lectores de libros electrónicos, o Kindle Paperwhite, que melloraba ao eReader actual incrementando a súa resolución un 62% (chegando aos 212 puntos por polgada) e un 25% o seu contraste, á vez que incorpora iluminación frontal (facilitando a súa lectura de noite), estreando así unha nova xeración de dispositivos de lectura na que polo momento este dispositivo non ten competencia, e que finalmente chegará á España, Reino Unido, Francia, Alemaña e Italia o vindeiro 22 de novembro, estando xa aberta a reserva do Kindle Paperwhite por 129 euros e da súa versión 3G por 189 euros. O modelo básico, que estaba dispoñible inicialmente por 99 euros, agora tamén pode adquirirse por 79 euros, de xeito que Amazon mantén uns prezos altamente competitivos cos que dificilmente poden competir outros fabricantes.
Podemos comentar que, aparte dos prezos axustados, a plataforma de e-books de Amazon tamén resulta moi atractiva por contar cun catálogo con máis dun millón de libros, á vez que os seus dispositivos de lectura son moi completos, contado con tamaños de fonte axustables, alta velocidade de resposta, dicionario integrado, posibilidade de facer marcas ou escribir anotacións, sincronización do punto de lectura entre distintos dispositivos, acceso á tenda de e-books de Amazon dende o propio trebello, 2 Gb de capacidade interna e un peso de só 213 gramos, características que converten ao Kindle nunha excelente alternativa ao libro tradicional.


Anuncio televiso do Kindle Paperwhite

PUBLICIDADE