O Kindle básico incorpora luz frontal

mércores, 20 de marzo do 2019 Marcus Fernández

Amazon anunciou hoxe a renovación do seu lector de libros electrónicos máis básico, o Kindle, que pode mercarse por 89,99 euros a partires de hoxe, aínda que non comezará a enviarse aos compradores até o 10 de abril e que sería o primeiro Kindle con luz frontal en custar menos de 100 euros, aínda que os que queiran prescindir de tal funcionalidade teñen agora dispoñible o Kindle de 2016 a un prezo de só 69,99 euros (o que tamén é unha boa oportunidade para introducirse nos eReaders).
O novo Kindle ten un deseño renovado, máis lixeiro e delgado, sendo máis doado de suxeitar durante horas de lectura. A súa pantalla de tinta electrónica tamén presenta un mellor contraste e panel táctil capacitivo, aínda que mantén a súa resolución de pantalla en 167 puntos por polgada, ou sexa, que o Kindle Paperwhite continúa a ser unha opción moi superior (coa súa pantalla con resolución de 300 puntos por polgada e resistencia á auga), de xeito que este produto vai destinado principalmente a quen quere gozar dos libros electrónicos a un prezo axustado.

A luz frontal permite gozar da lectura nun Kindle nun maior número de situacións

PUBLICIDADE