O Kyocera Urbano Progresso chega como un móbil sen altofalantes

martes, 15 de maio do 2012 Marcus Fernández

Kyocera anunciou hoxe no Xapón o seu móbil Urbano Progresso, que destaca por aproveitar a transmisión do son a través dos osos (Smart Sonic Receiver) como alternativa aos altofalantes tradicionais, o que facilitaría o seu uso por parte de persoas con problemas auditivos e en ambientes ruidosos. Este curioso móbil non se limita a contar con ese revolucionario sistema, senón que tamén vén bastante ben equipado, cun procesador de dobre núcleo Snapdragon MSM8655 a 1,4 GHz, pantalla OLED de 4 polgadas cunha resolución de 800 x 480 píxeles, 4 Gb de almacenamento interno (ampliable mediante tarxetas microSD de ata 32 Gb), cámaras de 8,1 Mpíxeles e VGA, NFC, batería de 1.500 mAh, unhas medidas de 64 x 125 x 10,8-11,3 milímetros, un peso de 139 gramos e o sistema operativo Android 4.0, polo que pode enfrontarse cara a cara coa meirande parte dos terminais de gama media-alta, contando tamén coa posibilidade de operar baixo redes WiMAX.
O smartphone Kyocera Urbano Progresso estará dispoñible con carcasas de cor laranxa, prata e rosa a través do operador de telefonía KDDI, descoñecéndose polo momento se chegará a saír do mercado asiático.

O Kyocera Urbano Progresso estará dispoñible en 3 cores

PUBLICIDADE