O LG G Watch R venderase por 299 euros a partires de outubro
xoves, 28 de agosto do 2014
Despois
e que LG
adiantara que Ãa facer fronte ao Moto 360 cun smartwatch con pantalla circular
a través dun teaser, preferiu non
agardar á feira IFA para detallar o que será o
LG G Watch R, asegurando tamén que sairá á venda no
mes de outubro a un prezo de 299 euros.
O novo smartwatch parece querer ser un dos máis completos do mercado, cunha
pantalla P-OLED circular de 1,3 polgadas (cunha resolución de 320 x 320 pÃxeles),
un procesador Qualcomm Snapdragon 400 a 1,2 GHz, 512 Mb de RAM, 4 Gb de
almacenamento interno, baterÃa de 410 mAh, pulsÃmetro óptico, barómetro,
xiroscopio, acelerómetro, compás e resistencia ao po é á auga IP67 (de xeito
que aguantarÃa até 30 minutos a un metro de profundidade).
Este novo reloxo de pulso de LG funciona con Android Wear, polo que pode
comunicarse con calquera smartphone con Android 4.3 ou superior. O seu marco é
de aceiro inoxidable e vén cunha correa de pel de 22 milÃmetros que pode
intercambiarse.
- O LG G Watch R pretende gozar de grande atractivo ao optar por unha pantalla circular completa (mentres que o Moto 360 non pecha completamente o cÃrculo por reservar espazo para sensores)