O LG Optimus 4X HD terá procesador de 4 núcleos e pantalla de alta definición

xoves, 23 de febreiro do 2012 Marcus Fernández

LG Electronics parece empeñada en non deixar ningunha sorpresa para o Mobile World Congress, e continúa a debullar os dispositivos que achegará a Barcelona a semana que vén, destacando especialmente o LG Optimus 4X HD, por combinar un procesador nVIDIA Tegra 3 a 1,5 GHz cunha pantalla IPS de 4,7 polgadas de alta definición (1.280 x 720 píxeles), de xeito que desenvolve na palma da man a potencia dun ordenador completo.
Este móbil con procesador de 4 núcleos incluirá 1 Gb de RAM, 16 Gb de almacenamento interno, cámaras de 8 e 1,3 Mpíxeles, batería de 2.150 mAh e o sistema operativo Android 4.0, completando unha combinación ganadora na que non faltan Bluetooth 4.0, NFC, Wi-Fi N, flash LED, MHL, DLNA e un grosor de só 8,9 milímetros.

PUBLICIDADE