O LG Optimus L3 chega ao mercado a só 159 euros

venres, 30 de marzo do 2012 Marcus Fernández

A serie de smartphones Optimus L de LG chega a España co modelo L3 como buque insignia, que cun prezo axustado (159 euros libre) busca combinar gañarse ao público por combinar unhas prestacións aceptables e unha estética coidada.
O LG Optimus L3 conta cunha pantalla táctil de 3,2 polgadas (cunha resolución de 240 x 320 píxeles) e funciona cun procesador a 800 MHz, 384 Mbytes de RAM, 1 Gb de almacenamento interno, cámara de 3 Mpíxeles, batería de 1.500 mAh, sistema operativo Android 2.3 e un grosor de só 11,7 milímetros.
Estará dispoñible con todos os operadores españois en varias cores (branco, negro, rosa e azul) e competiría así con terminais como o Samsung Galaxy Ace ou o HTC Wildfire, dispositivos de entrada que son cada vez máis atractivos para o usuario, especialmente nun momento no que decaen as subvencións dos operadores de telefonía móbil.

PUBLICIDADE