O LG Optimus Pad achega as 3D aos tablets con Android

luns, 14 de febreiro do 2011 Marcus Fernández

Dá a impresión de que este ano todos os fabricantes de telefonía móbil que querían facerse valer no Mobile World Congress levaban cadanseu tablet para competir co iPad de Apple, e dende LG quixeron ir máis aló dotando ao seu trebello de capacidades 3D, de xeito que o LG Optimus Pad conta cunha pantalla esteoscópica de 8,9 polgadas cunha resolución de 1.280 x 768 píxeles, aínda que neste caso será preciso do uso de lentes especiais para ver as imaxes en 3D.
Completan o produto unha dobre cámara traseira de 5 Mpíxeles, cámara frontal de 1,3 Mpíxeles, un procesador de dobre núcleo a 1 GHz con procesador nVIDIA Tegra 2, 32 Gb de memoria interna e saída HDMI, que chegará ao mercado con Android 3.0 e un peso de só 630 gramos, aínda que o seu prezo parece que será excesivamente elevado, pois o seu fabricante adiantou que no mes de abril estará dispoñible en Alemaña por 999 euros, polo que podería ter bastante complicado facerse cun oco no mercado.

PUBLICIDADE