O LG Optimus Vu sorprende cunha pantalla de 5 polgadas en 4:3

mércores, 8 de febreiro do 2012 Marcus Fernández

LG vén de publicar na súa páxina web coreana un vídeo no que podemos ver o seu novo terminal telefónico, o LG Optimus Vu, que destacará principalmente pola relación de aspecto da súa pantallas, que será de 4:3, moito máis ancha do que estamos afeitos e que, ao parecer, contaría cun panel IPS de 1.024 x 768 píxeles nunha diagonal de 5 polgadas, polo que sería un dos móbiles coa pantalla máis grande do mercado, igualando a superficie do Samsung Galaxy Note.
Ao parecer estariamos ante un móbil con Android 2.3, procesador Qualcomm Snapdragon de dobre núcleo a 1,5 GHz, 1 Gb de RAM, 8 Gb de almacenamento interno, NFC, Bluetooth 3.0, Wi-Fi N, A-GPS e cámara de 8 Mpíxeles, que polo momento só está confirmado para o mercado surcoreano, e do que poderiamos ter máis detalles no Mobile World Congress de Barcelona.


Vídeo de presentación do novo móbil de LG

PUBLICIDADE