O LG Q6 incorporará pantalla FullVision

martes, 11 de xullo do 2017 Marcus Fernández

Cando LG presentou o seu novo smartphone insignia no Mobile World Congress de Barcelona destacou a súa pantalla FullVision de 5,7 polgadas, que tiña unha rechamante relación de aspecto de 18:9 (ou 2:1), e agora quere levar tal prestación aos teléfonos de gama media, concretamente á familia LG G6, composta polos terminais Q6+, Q6 e Q6α con 4GB de RAM e 64 GB de almacenamento, 3 GB de RAM e 32 GB de almacenamento e 2 GB de RAM e 16 GB de almacenamento respectivamente.
Os novos LG Q6 contan con pantalla Full HD+ de 5,5 polgadas (ou sexa, cunha resolución de 2.160 x 1.080 píxeles), funciona cun procesador Qualcomm Snapdragon 435, integran cámaras de 13 e 5 Mpíxeles, teñen Wi-Fi N, Bluetooth 4.2, NFC, e USB 2.0, a súa batería integrada é de 3.000 mAh, corren Android 7.1.1 o seu grosor é de 8,1 milímetros e o seu peso de 149 gramos.
O seu deseño busca salientar a súas atractivas curvas, o smartphone está protexido por un marco metálico e para o seu desbloqueo rápido conta cunha tecnoloxía propietaria de recoñecemento facial. Chegará ao mercado asiático o mes que vén, e pouco despois verémolo en Europa.

Vídeo no que podemos ver o deseño do LG Q6

PUBLICIDADE