O LG U é a nova proposta de gama media de LG

venres, 28 de outubro do 2016 Marcus Fernández

A emerxencia dos fabricantes chineses pon nunha situación moi complicada aos coreanos, pero tamén saben reaccionar con terminais de gama media con boas prestacións e prezo axustado como o LG U, que será un novo smartphone cun procesador MediaTek 6753 de 8 núcleos, 2 GB de RAM e 32 GB de almacenamento interno que sorprende por vir equipado cunha pantalla IPS Full HD de 5,2 polgadas, de xeito que consegue unha imaxe magnífica sen ter que optar por un tamaño moi grande.
Este novo teléfono tampouco queda curto en cámaras, con 13 Mpíxeles na súa traseira e uns xenerosos 8 Mpíxeles na cámara frontal. Tamén integra unha batería de 3.000 mAh, funciona con Android 6.0, o seu grosor é de 7,7 milímetros e pesa 135 gramos. Estará dispoñible con carcasa en negro, branco e rosa e polo momento sábese que o seu prezo en Corea do Sur será de 396.000 wons (313,96 euros)

PUBLICIDADE