O LG V20 mestura grandes prestacións, elegante deseño e resistencia ás caÃdas
mércores, 7 de setembro do 2016
Xa hai máis dun mes do anuncio
por parte de LG de que o seu smartphone LG V20 serÃa o primeiro do mercado en
saÃr á venda con Android 7.0 preinstalado, e finalmente hoxe o novo
teléfono preséntase oficialmente, dando a impresión de que quere converterse no
referente da compañÃa surcoreana tras a tibia acollida que tivo o LG G5, aÃnda
que desta volta cómpre avisar de que estamos ante un dispositivo dunha liña moi
diferente, centrado no deseño moi coidado e nas súas capacidades multimedia.
AÃnda que un dos detalles máis rechamantes do LG
V20 sexa que ten unha dobre pantalla (sobre a pantalla principal de 5,7
polgadas cunha resolución de 2.560 x 1.440 pÃxeles hai unha pequena tira
orientada á recepción de notificacións sen interromper o que facemos na
pantalla principal, que ten unha resolución de 1.040 x 160 pÃxeels), iso serÃa
simplemente unha funcionalidade máis dun terminal extraordinariamente completo,
que a nivel externo tamén deixa ver a súa calidade, xa que está construÃdo nun
aluminio lixeiro xunto a un material baseado no silicio para a súa parte
traseira, asà como elementos de protección nas súas partes superior e inferior,
combinando asà unha aparencia sofisticada cunha resistencia que supera a certificación
IL-STD 810G para caÃdas (na que proban que o teléfono continúe a funcionar tras
caer repetidas veces a unha altura de 1,2 metros).
Como acontecÃa co LG V10, o LG V20 fai unha importante aposta pola gravación de
vÃdeo, e asà incorpora Steady Record 2.0, que en combinación coa tecnoloxÃa de
estabilización de imaxe de Qualcomm consegue gravar vÃdeo moi estable,
procurando minimizar as distorsións. AÃnda que moitos tamén agradecerán que o
vÃdeo tamén coide o son, xa que co LG V20 pódese gravar audio de alta
fidelidade, contando con filtros de corte baixo e limitador, de xeito que en
certos contornos podermos limitar o son que queremos rexistrar, conseguindo
reducir o son de fondo á vez que se garda o son nun formato propio dos equipos
de vÃdeo profesionais.
Para os audiófilos tamén estamos ante un magnÃfico terminal, xa que é o
primeiro smartphone do mercado en incorporar un DAC cuádruplo de alta
fidelidade en 32 bits, de ESS Technology, que achegarÃa unha reprodución sonora
moi fiel, aÃnda que tamén a nivel de gravación sonora poderiamos estar
satisfeitos, xa que o LG V20 incorpora tres micrófonos que conseguen unha
calidade moi superior que a meirande parte dos móbiles do mercado, que de
empregalos nun modo estudio
permitirán un control manual que poderiamos aproveitar incluso para gravar
audicións musicais.
Entrando nas especificacións, estamos ante un smartphone cun procesador
Qualcomm Snapdragon 820, 4 GB de RAM (LPDDR4), 64 GB de almacenamento interno
(UFS) ampliable mediante tarxetas microSD (de até 2 TB), dobre cámara traseira
(unha de 16 MpÃxeles, apertura f/1.8 e estabilización óptica, e outra de 8
MpÃxeles e apertura f/2.4 con grande angular), cámara frontal de 5 MpÃxeles (con
grande angular e apertura f/1.9), LTE (de categorÃa 12 capaz de descargar datos
até a 600 Mbps), Wi-Fi AC, USB-C, Bluetooth 4.2, NFC, lector de pegadas
dixitais, baterÃa extraÃble de 3.200 mAh con Qualcomm Quick Charge 3.0, un
grosor de só 7,6 milÃmetros e carcasas en cor titán, prata ou rosa.
VÃdeo no que podemos ver numerosos detalle do funcionamento do LG V20