O LG V50 ThinQ 5G presume de dobre pantalla opcional

xoves, 13 de xuño do 2019 Marcus Fernández

Coa chegada do 5G a distintos mercados europeos teremos tamén novos smartphones, entre os que chama poderosamente a atención o LG V50 ThinQ 5G, que non só é un potente teléfono cun procesador Qualcomm Snapdragon 855, 6 GB de RAM, 128 GB de almacenamento interno (ampliable mediante tarxetas microSD de até 2 TB), cámara traseira tripla, cámara frontal dobre, son de calidade (cun Quad DAC de alta fidelidade e soporte de DTS:X), batería de 4.000 mAh, unha impresionante pantalla QHD+ OLED FullVision de 6,4 polgadas e a pertinente conectividade 5G, senón que tamén quixo subir ao carro da tendencia que quería destacar este ano coas pantallas flexibles, pero dun xeito menos arriscado: ofrecendo a posibilidade de engadirlle unha pantalla secundaria OLED de 6,2 polgadas.
Esta pantalla secundaria busca ofrecer unha experiencia máis produtiva para a multitarefa, así como poder gozar de novas experiencias de xogo (permitindo separar os dedos da pantallas principal e así non dificultar a visión) e outras posibilidades que non precisan dunha tecnoloxía tan complexa como as pantallas flexibles e limítase a ser unha opción para o usuario. O sistema de Dual Screen pode empregarse en dous ángulos diferentes (104 e 180 graos), o que achega unha grande versatilidade e comodidade de uso.

PUBLICIDADE