O LG Velvet será o vindeiro móbil insignia de LG
martes, 28 de abril do 2020
AÃnda
que LG non presentará oficialmente o seu novo LG Velvet até o 7 de maio, non
quixo agardar para dar
a coñecer as súas especificacións en Corea do Sur, de xeito que o novo
smartphone insignia de LG xa non oculta sorpresas.
O LG Velvet é principalmente unha renovación estética moi necesaria para captar
a atención, destacando especialmente a configuración da cámara traseira tripla
do terminal, que presenta cada obxectivo nun orificio independente, deseño que
claramente permitirá identificar a este futuro teléfono que, por outra banda,
inclúe unha cámara frontal agochada nun pequeno orificio superior central.
O novo smartphone chegará cunha pantalla de 6,8 polgadas Cinema FullVision,
procesador Qualcomm Snapdragon 765, 8 GB de RAM, 128 GB de almacenamento,
cámara traseira tripla cun sensor principal de 48 MpÃxeles, cámara frontal de
16 MpÃxeles, conectividade 5G, compatibilidade con pantalla secundaria e lapis
dixitalizador, resistencia á auga e ao po e baterÃa de 4.300 mAh, ou sexa, unhas
caracterÃsticas propias de smartphones 5G de gama media (moi semellante ao Mi 10 Lite Zoom Edition e o Realme X50m 5G, con prezos de venda de pouco máis de 300 euros), polo que LG terá
bastantes dificultades para vendelo como se fose un gama alta, o que semella
que é a intención do fabricante surcoreano.