O LG Viewty pásalle o relevo ao LG Renoir

venres, 3 de outubro do 2008 Marcus Fernández

O novo móbil de LG tamén conta cunha grande pantalla táctilO popular LG KU990 Viewty xa ten un successor official, o KC910 Renoir, que polo momento só se vende en Asia, e que este mes chega a Europa, e este novo terminal pretende repetir o éxito do seu predecesor, polo que mestura un deseño elegante cunhas prestacións moi completas, xa que conta cunha pantalla táctil de 3 polgadas (con resolución WQVGA), tecnoloxía Dolby Mobile for Music, Wi-Fi, GPS asistido, conectividade HSDPA de ata 7,2 Mbps e, especialmente, unha cámara de 8 Mpíxeles, con flash de xenon, foco automático e manual, unha sensibilidade de ata 1.600 ISO e xeoposicionamento (para gardar nas imaxes onde foron tomadas).
Tamén é capaz de gravar vídeo cunha calidade moi superior á que ofrecen outros móbiles, sendo capaz de tomar dende 5 ata 120 fotogramas por segundo (permitindo optimizar os clips en función da súa duración ou para a súa visualización en cámara lenta) soportando compresión DivX e Xvid.
A súa pantalla táctil permite introducir datos mediante un teclado virtual, e para a marcación telefónica tamén se pode aproveitar a súa función de marcado rápido baseado en fotografías.

A cámara de 8 Mpíxeles do LG Renoir é excelente para facer fotografías e gravar vídeo

PUBLICIDADE