O LG XPION X30 é o primeiro nettop con nVIDIA Ion
venres, 18 de setembro do 2009
- O LG XPION X30 pode suxeitarse na parte traseira dun monitor
O fenómeno dos
ultraportátiles de baixo custo tamén ten o seu reflexo nos equipos de sobremesa
na forma dos nettops, e dentro desta
liña de produtos LG vén de presentar o
XPION X30, un pequeno ordenador cun procesador Intel Atom N230, 2 Gb
de RAM, 250 Gb de disco duro e pouco máis dun quilogramo de peso que é o
primeiro equipo deste tipo en integrar a tecnoloxÃa nVIDIA Ion.
Polo momento só está á venda en Corea do Sur, e destaca polo feito de poder
suxeitarse na parte traseira dun monitor, co aforro de espazo que iso supón.
Inicialmente o LG XPION X30 funciona con Windows Vista.