O Lenovo IdeaPad S10 álzase coma un dos ultraportátiles de baixo custo máis completos
martes, 5 de agosto do 2008
O último fabricante
en lanzar o seu propio ultraportátil de baixo custo non é outro que Lenovo
(responsable da produción da liña de informática de consumo de IBM) co seu IdeaPad
S10, que presenta unha aparencia un tanto distinta a do resto de
equipos deste tipo (cunha cuberta exterior vermella e un interior branco) e non
parece quedar coxo en prestacións, pois presenta unha pantalla de 10,2 polgadas
cunha resolución de 1.024 x 600 pÃxeles e retroiluminación LED, un procesador Intel
Atom a 1,6 GHz, Wi-Fi, Bluetooth, lector de tarxetas de memoria 4-en-1, 2
portos USB, webcam de 1,3 MpÃxeles, saÃda de VGA e ExpressCard
para amplicación.
Se venderá en distintas configuracións, de xeito que o modelo básico con 512 Mb
de RAM e 80 Gb de disco duro custarÃa 300 dólares (uns 192 euros) e o modelo
con 1 Gb de RAM e 160 Gb de disco duro se venderÃa por 450 dólares (uns 289
euros).
Estes novos ultraportátiles miden 249 x 183 x 28 milÃmetros e pesa entre 1,1 e
1,2 quilos, podendo adquirirse co sistema operativo Linpus ou Windows, con
baterÃa de 3 ou 6 celas e, aparte da mencionada versión en vermello, tamén en
negro ou branco.
O lanzamento deste equipo no mercado chinés será para o 5 de setembro, chegando
a finais do mesmo mes tamén aos EE.UU., descoñecéndose polo momento os plans de
comercialización en Europa, aÃnda que poderÃa que aquà tamén chegase un modelo
cunha pantalla de 9 polgadas.