O Lenovo Mirage Solo permitirá gozar de realidade virtual sen cables e con liberdade de movemento
martes, 9 de xaneiro do 2018
Non só Oculus está a apostar polos cascos
de realidade virtual autónomos baseados en tecnoloxÃas móbiles, senón que Google
xa leva tempo procurando o mesmo obxectivo coa súa plataforma Daydream, á
que está a custarlle bastante traballo callar (por contar polo momento con moi
poucos smartphones con esta tecnoloxÃa) e que poderÃan arranxar co Lenovo
Mirage Solo, que promete librarse da dependencia de teléfonos e ordenadores
para poder achegar unha realidade virtual libre de cables e cunha boa
experiencia inmersiva grazas á súa tecnoloxÃa de detección de movemento
(WorldSense).
O Lenovo Mirage Solo funciona coa plataforma de realidade virtual Qualcomm
Snapdragon 835, ten 4 GB de memoria RAM e o seu campo de visión é de 110 graos
(como nos cascos de escritorio), aÃnda que para desatar todo o potencial desta
plataforma destaca a mencionada tecnoloxÃa WorldSense, que mediante sensores no
casco permite posicionar ao usuario no espacio, de xeito que será posible
moverse con liberdade en contornos virtuais sen a necesidade de depender de
sensores externos. Deste xeito os usuarios non só poderán mirar ao seu redor,
senón tamén desprazarse e incluso saltar e agacharse, conseguindo unha grande
inmersión.
Este novo casco de realidade virtual ten unha autonomÃa de até 7 horas cunha
única carga e soporta longos perÃodos de uso continuo (a diferenza dos cascos baseados
en smartphones, que precisan de tempo para que o móbil arrefrÃe). Tamén e
lixeiro e axustable, e inclúe un mando sen fÃos que actúa como extensión da
man, operando como un trackpad, facilitando o control de aplicacións e o
control do volume, mentres que nalgunhas aplicacións servirá como un control
por movemento na liña dos mandos da Wii.
Espérase que o produto chegue ao mercado no segundo trimestre do ano.