O Lenovo Z5 decepciona ao ser unha simple copia do iPhone X

martes, 5 de xuño do 2018 Marcus Fernández

Nos últimos días avanzárase que hoxe ía presentar o Lenovo Z5, un smartphone que prometía ter un frontal todo pantalla e contar cunha versión con 4 TB de almacenamento interno, de xeito que converteríase nun produto sen igual, pero finalmente a presentación deste novo teléfono foi unha rotunda decepción, e temos un teléfono chinés máis que copia a estética do iPhone X.
O Lenovo Z5 ten unha pantalla IPS de 6,2 polgadas cunha pestana superior e unha resolución de 2.246 x 1.080 píxeles (ou sexa, que adopta unha proporción de 19:9) que incluso ten unha marxe inferior pronunciada; funciona cun procesador Qualcom Snapdragon 636 de 8 núcleos, 6 GB de RAM, 64/128 GB de almacenamento interno (ampliable mediante tarxeta de até 256 GB), cámara traseira dual (de 16 e 8 Mpíxeles), cámara frontal de 8 Mpíxeles, lector traseiro de pegadas dixitais, Wi-Fi AC, Bluetooth 5.0, batería de 3.300 mAh con carga rápida por USB-C, un grosor de 7,85 milímetros e un peso de 165 gramos, que funciona con Android 8.1 coa capa de personalización ZUI 3.9, e venderase por un prezo que parte dos 1.299 iuans (174 euros). Queda así claro que estamos ante un teléfono de fabricación chinesa de gama media, e non do revolucionario terminal prometido as pasadas semanas.

O Lenovo Z5 está lonxe de ser un terminal con frontal todo pantalla e limítase a ser unha mala (e innecesaria) copia do iPhone X

PUBLICIDADE