O Linksys E4200 preséntase coma un dos routers máis potentes do mercado

mércores, 19 de xaneiro do 2011 Marcus Fernández

Cisco parece querer combinar nun único router potencia e elegancia, pois o novo Linksys E4200 preséntase coma o mellor dispositivos da súa gama con 4 portos Gigabit Ethernet, un porto USB que serve tanto para compartir contidos en rede dende discos duros e memorias USB como para servir contidos multimedia a dispositivos compatibles con UPnP, e conectividade Wi-Fi de dobre banda nas frecuencias dos 2,4 e os 5 GHz de xeito que pode chegar a velocidades de 300 + 450 Mbps, para o que conta cun total de 6 antenas internas.
Este completo equipo pode mercarse nos EE.UU. por 179,99 dólares (133,18 euros) e ten unha aparencia máis elegante do que é habitual nos equipamentos de rede.

O Linksys E4200 ten 4 portos Gigabit Ethernet e un porto USB

PUBLICIDADE