O MSI Wind Top AE1900 incorpórase á familia de ordenadores todo-en-un con pantalla táctil

martes, 31 de marzo do 2009 Marcus Fernández

MSI continúa a reforzar a súa familia de equipos de baixo custo todo-en-un e estrea o Wind Top AE1900, que funciona cun procesador Intel Atom N230, 2 Gb de RAM, 160 Gb de disco duro, cámara web de 1,3 Mpíxeles, gravadora de DVD, lector de tarxetas de memoria, 4 portos USB 2.0, Gigabit Ethernet, Wi-Fi (IEEE 802.11b/g/n) e unha pantalla táctil de 18,5 polgadas cunha resolución de 1.680 x 1050 píxeles (HD Ready).
O Wind Top AE1900 tamén destaca por ter un consumo moi reducido (menos de 45 W) e un funcionamento silencioso (menos de 26 dB). O seu prezo no Xapón será de 66.539 iens (507,69 euros), polo que resulta especialmente atractivo, xa que custa moito menos que outros equipos semellantes (a expensas dun procesador de menor potencia).

PUBLICIDADE