O MSI Wind recibe o San Valentín cunha edición especial

venres, 23 de xaneiro do 2009 Marcus Fernández

A 3 semanas de San Valentín algúns fabricantes de electrónica de consumo comezan a anunciar produtos destinados a servir de agasallo para tal especial data, e un deles é MSI, que adaptou o seu ultraportátil de baixo custo co MSI Wind San Valentin Edition, que aparte de presentar unha carcasa de cor rosa, a mesma inclúe un deseño especial con forma de corazón.
O equipo é un MSI Wind bastante normal en prestacións, cun procesador Intel Atom N270 a 1,6 GHz, 1 Gb de RAM, pantalla de 10 polgadas cunha resolución de 1.024 x 600 píxeles con retroiluminación LED, disco duro de 160 Gb, Wi-Fi, Bluetooth, webcam de 1,3 Mpíxeles, batería de 6 celas, e sistema operativo Windows XP preinstalado, e se venderá nos EE.UU. por 429,99 dólares, agardando que algunhas unidades cheguen a España por uns 399 euros, que é o prezo que ten este equipo na súa versión rosa (sen o deseño especial para San Valentín).

PUBLICIDADE