O MUVI acolleu a presentación dun libro que trata a relación entre videoxogos e educación
xoves, 18 de abril do 2024
Foi o pasado mércores, 10 de abril, cando o Museo do Videoxogo (MUVI) de Cangas acollÃa a presentación do libro Videojuegos y oportunidades educativas. Orientaciones para su diseño, análisis y uso; que analiza polo miúdo a relación entre os videoxogos e a educación, os seus autores son: Silvia López Gómez (USC), Jesús RodrÃguez RodrÃguez (USC), Mª Isabel Vidal Esteve (Universitat de València) e Diana MarÃn Suelves (Universitat de València).
Nesta obra exponse unha visión ampla e crÃtica, achegando guÃas prácticas para o deseño, análise e uso destes recursos dende unha perspectiva educativa. O obxectivo deste libro é ofrecer unha guÃa clara e práctica para profesionais da educación, investigadores e investigadoras, compañÃas de videoxogos e familias interesadas en aproveitar todo o potencial educativo desta ferramenta. A través dunha revisión exhaustiva do estado da investigación nesta área e cun repositorio de videoxogos recomendados para diversos contextos.
Engadir que este volume conta cos prólogos de Antonio Rial Boubeta (USC) e Jesús Valverde Berrocoso (UEX). O libro, publicado baixo o selo de EDITUM, recibiu crÃticas favorábeis en salientábeis revistas académicas, como a RELATEC: Revista Latinoamericana de TecnologÃa Educativa e a Educatio siglo XXI: Revista de la Facultad de Educación.