O Mavic Pro poderÃa ter un irmán pequeno
venres, 7 de abril do 2017
- Imaxe filtrada na que podemos ver como o DJI Spark terÃa un tamaño moi inferior ao do DJI Mavic Pro
O pasado outono DJI
sorprendeu ao mundo presentando o seu dron Mavic Pro, cuadricóptero cun
tamaño moi reducido (198 x 83 x 83 milÃmetros encartado) de xeito que até pode
transportarse comodamente nunha mochila á vez que conta con numerosas funcións
automáticas que facilitan o seu uso por case calquera para disparar fotografÃas
e gravar vÃdeo en ultra alta definición sen medo a que choque ou se perda e
podendo incluso seguir automaticamente a un suxeito (o que resulta ideal para a
gravación de actividades ao aire libre).
O grande nivel técnico deste dron grazas aos seus numerosos sensores e aos seus
sistemas de intelixencia artificial son elementos a valorar moi ao favor deste
trebello, pero o seu tamaño compacto marcou a diferenza que fai que o malogrado
dron Karma de GoPro (de maior tamaño e menos prestacións) estea a ser un
rotundo fracaso, pero dende DJI parecen non estar tranquilos e queren levar a
portabilidade dos seus drons aÃnda máis aló, segundo entendemos ao ver imaxes
filtradas do que serÃa o futuro DJI Spark, un cuadricóptero encartable de
dimensións bastante inferiores, o que poderÃa indicar que serÃa un produto con prestacións
algo limitadas, pero cun prezo máis competitivo, facendo cada vez máis
accesibles os drons para os usuarios que simplemente os ven como un produto de
consumo e que animarÃanse a mercar un se realmente é pequeno e doado de usar
(factores sempre moi coidados por DJI).
As imaxes do DJI Spark dan a entender que serÃa un dron moi semellante ao Mavic
Pro, con diversos sensores para evitar obstáculos e unha cámara conectada a un
estabilizador que parece xirar só en vertical (o que levarÃa a que o dron tivese
que moverse para poder facer tomas panorámicas), aÃnda que as súas limitacións
poderÃan resultar indiferentes se realmente está pensado para ser un dron para selfies ou para carreiras, xa que o seu
tamaño compacto farÃao atractivo para ambos usos.
Haberá que agardar á presentación oficial deste produto para coñecer máis
detalles, pero polo momento o que deixan claro dende DJI é que aÃnda queda moito
percorrido dentro dos prometedores drons para uso persoal, o que facilitará o
achegamento a este ámbito a un público que non estarÃa interesado na
adquisición dun vehÃculo voador non tripulado que precisase de numerosas
sesións de aprendizaxe ou que para cada uso fose necesario un complexo
procedemento de montaxe dos seus accesorios.