O Mi Note 10 chegará a España o día 15 a 549 euros

mércores, 6 de novembro do 2019 Marcus Fernández

Tras detallarse onte todas as especificacións do Mi CC9 Pro en China, preséntase este mesmo teléfono hoxe en España como Mi Note 10, o primeiro smartphone con pentacámara de 108 Mpíxeles do mercado, que tamén presume da súa pantalla AMOLED curva de 6,47 polgadas e dunha batería de 5.260 mAh con carga rápida de 30 watts, que é un produto moi atractivo e interesante, pero que non chegará ao noso mercado a un prezo equiparable ao do mercado chinés, onde a versión con 6 GB de RAM e 128 GB de almacenamento custa ao cambio 361 euros, mentres que no noso mercado este terminal venderíase a partires do 15 de novembro a 549 euros. Tamén haberá un modelo Pro a 649 euros, que entendemos que será a versión con 8 GB de RAM e 256 GB de almacenamento que en China véndese por 451 euros ao cambio.
Os prezos españois destes novos móbiles poden decepcionar a moitos usuarios, afeitos a que nos últimos meses a diferenza de prezo entre os produtos de Xiaomi entre China e España fose o suficientemente reducida como para non recorrer á importación directa.

O Mi Note 10 chegará a España o vindeiro día 15 en 3 cores diferentes

PUBLICIDADE