O Moto G estrea edición Google Play

martes, 14 de xaneiro do 2014 Marcus Fernández

O Moto G está a consolidarse como un dos smartphones máis atractivos do mercado, pola súa boa relación entre prestacións e prezo, podendo adquirirse libre por 179 euros no seu modelo con 8 Gb de almacenamento interno e por 199 euros polo modelo con 16 Gb, e aínda que a súa distribución de Android 4.4 vén practicamente limpa, na tenda en liña de Google nos EE.UU. veñen de estrear a edición especial deste móbil, que véndese ao mesmo prezo que o mercado libre, pero contando cunha versión de Android sen modificar por Motorola.
Esta novidade en Google Play deixa claro que, pese a que Motorola é unha compañía propiedade de Google, os seus móbiles continúan a ser de fabricante e non da familia Nexus, de aí que tamén poidan gozar de edicións específicas con versións de Android sen personalizar.
O Moto G é un smartphone bastante completo, cunha pantalla de 4,5 polgadas cunha resolución de 1.280 x 720 píxeles, procesador Qualcomm Snapdragon 400 de catro núcleos a 1,2 GHz, 1 Gb de RAM, 8/16 Gb de almacenamento interno, cámaras de 5 e 1,3 Mpíxeles, Wi-Fi N, Bluetooth 4.0, batería de 2.070 mAh e un peso de 143 gramos.

PUBLICIDADE