O Moto G estrea modelo 4G

martes, 17 de xuño do 2014 Marcus Fernández

Un dos móbiles de maior éxito nos últimos meses pola súa relación calidade-prezo é o Moto G, que coa súa pantalla de 4,5 polgadas cunha resolución de 1.280 x 720 píxeles, procesador Qualcomm Snapdragon 400 de catro núcleos a 1,2 GHz, 1 Gb de RAM, cámaras de 5 e 1,3 Mpíxeles, batería e 2.070 mAh e Android 4.4 parecía máis que suficiente para un usuario medio e incluso para moitos usuarios esixentes, grazas tamén pola variedade de fundas dispoñibles para o terminal, pero ante a emerxencia das redes 4G parecía obrigada a actualización deste smartphone, e finalmente xa está aquí a versión LTE do Moto G, que pode adquirirse por 219 dólares nos EE.UU. e nos vindeiros días chegará ao territorio europeo (o prezo en Reino Unido será de 159,99 libras, polo que podemos entender que en España chegará a 179,99 euros).
Pero este novo modelo do Moto G non se limita a mellorar a súa conectividade incorporando soporte de LTE nas bandas dos 700, 850, 1.700 e 1.900 MHz, senón que tamén muda as súas capacidades de almacenamento, de xeito que en vez de chegar en modelos con 8 e 16 Gb, opta por un único modelo de 8 Gb e a posibilidade de ampliarlle a capacidade interna mediante tarxetas de memoria de ata 32 Gb.
Cómpre destacar que o móbil tamén é resistente á auga e conta cunha pantalla con Corning Gorilla Glass.

O Moto G ten unha pantalla de 4,5 polgadas de alta definición

PUBLICIDADE