O Moto X4 aposta pola cámara traseira dual
venres, 1 de setembro do 2017
Este mes chegará ás tendas españolas a un prezo de 399 euros
o novo Moto X4, un atractivo
smartphone de Lenovo construÃdo en aluminio anodizado que conta con protección
Corning Gorilla Glass nas súas partes traseira e dianteira, que soporta a auga
(conta con certificación IP68) e que busca centrar a atención na súa dobre
cámara traseira de 12 e 8 MpÃxeles, capaz de disparar retratos con enfoque
selectivo e aplicar efectos (como mudar o fondo da imaxe) mentres que a cámara
frontal ten uns xenerosos 16 MpÃxeles cun modo de funcionamento baixo pouco luz
e a posibilidade de disparar selfies panorámicas
para que ninguén quede fóra en fotografÃas de grupo.
Este novo smartphone funciona cun procesador Qualcomm Snapdragon 630 de 8
núcleos a 2,2 GHz, 3 GB de RAM e 32 GB de almacenamento interno (ampliable
mediante tarxetas microSD), a súa baterÃa de 3.000 mAh promete aguantar todo o
dÃa e conta con carga rápida que permite usar o teléfono durante 6 horas tras
só 15 minutos de carga.
Non lle falta lector de pegadas dixitais, NFC, toma para auriculares e porto
USB-C, aÃnda que tendo en conta todas estas especificacións e o feito de que a
súa pantalla de 5,2 polgadas teña unha resolución Full HD dá a entender que
estamos ante un terminal que parece estar nun rango de prezo pouco atinado,
pois hai teléfonos de gama alta doutros fabricantes máis reputados por un prezo
semellante que, aÃnda que carecen de dobre cámara traseira, superan ao Moto X4
en practicamente todos os demais aspectos.
VÃdeo promocional do Moto X4