O Motorola XOOM 2 chegará ás tendas este mesmo mes

xoves, 3 de novembro do 2011 Marcus Fernández

O Android 3.0 estreárase no mercado xunto co tablet Motorola XOOM, que agora estrea sucesor, o Motorola XOOM 2, que inclúe inicialmente o sistema operativo Android 3.2 (aínda que é de agardar que se actualice a Android 4.0 cando estea dispoñible), ten unha pantalla de 10,1 polgadas, procesaodor de dobre núcleo a 1,2 GHz, cámaras de 5 e 1,3 Mpíxeles con flash LED, 1 Gb de RAM, 16 Gb de almacenamento interno, compatibilidade coa Motorola Stylus (accesorio opcional moi práctico para tomar notas manuscritas), o sistema de impresión sen fíos MOTOPRINT integrado, un grosor de 8,8 milímetros e un peso de 599 gramos.
Paralelamente tamén se comercializará o Motorola XOOM Media Ediiton, que ten pantalla de 8,2 polgadas e pesa 386 gramos. O prezos destes novos tablets no Reino Unido será de 329,99 e 379,99 libras esterlinas (382,82 e 440,82 euros) respectivamente, e chegará ás tendas británicas este mesmo mes.

O Motorola XOOM Media Edition ten unha pantalla de 8,2 polgadas

PUBLICIDADE