O Museo Virtual MarÃa José Jove e a Deputación da Coruña documentan o patrimonio arquitectónico do litoral
martes, 25 de maio do 2021
O Museo
Virtual
da Fundación MarÃa José Jove,
en colaboración coa Deputación da Coruña,
vén de presentar o
proxecto de investigación Arquitectura
ao lÃmite. Construción industrial no bordo litoral,
no que se documenta, a través das novas tecnoloxÃas, o patrimonio
arquitectónico situado na liña de costa da provincia da Coruña.
O proxecto engloba un total de
300 construcións clasificadas en 8 tipoloxÃas ao longo dos 965 km
de costa. AsÃ, inclúense muÃños, conserveiras, estaleiros,
cetarias, industria acuÃcola, secadoiros,
portos e industria baleeira. Ademais, realizouse unha selección, que
destaca pola súa singularidade, valor histórico e arquitectónico,
que se recrearon en 3D ou rexistradas con imaxes tomadas con vehÃculo
aéreo non tripulado. O proxecto apostou pola combinación destas
tecnoloxÃas co fin de contribuÃr á conservación dos inmóbeis,
algúns dos cales están en perigo de desaparecer.
A iniciativa tamén servirá
como punto de partida para reflexionar sobre a evolución,
transformación, abandono e reconversión, a través das charlas
nas que participaron cinc arquitectos da Escola Técnica Superior de
Arquitectura da UDC: Carlos Quintáns, David GarcÃa-Louzao, Elisa
Gallego, Óscar Fortes e Juan Creus.
Deste xeito, Museo Virtual,
plataforma dixital pioneira para a difusión da arte e a cultura,
continúa na súa promoción de novas formas de incidir na
investigación e na transferencia de coñecemento, facilitando
a conexión entre persoas de diferentes ámbitos e disciplinas que
contribúan á produción de ideas en relación a Galicia.