O Neo N003 podería ser o smartphone con pantalla Full HD máis barato do mercado

venres, 8 de marzo do 2013 Marcus Fernández

Este ano queren facerse populares as pantallas de móbiles cunha resolución de 1.920 x 1.080 píxeles pese a que tal densidade de píxeles pareza un exceso para un dispositivo de pequeno tamaño (pois supoñen un uso de recursos que non se corresponden nunha mellora de imaxe apreciable para o ollo humano), e aínda que pareza que que só os smartphones de alta gama poida gozar de pantallas Full HD, dende China sorpréndenos a chegada do Neo N003, que aínda que ía contar inicialmente con pantalla a 720p, finalmente chegará ao mercado cunha pantalla 1.080p a un prezo de só 899 iuans (111 euros), aínda que trataríase dunha versión básica do móbil (coa metade de memoria RAM), existindo tamén unha versión máis potente que sairá á venda por 1.499 iuans (185 euros).
Este novo móbil con pantalla Corning Gorilla Glass de 5 polgadas ten previsto o seu lanzamento esta fin de semana, con dobre SIM, 3G, Android 4.2, procesador MediaTek MT6589 de 4 núcleos a 1,2 GHz, 2 Gb de RAM, 32 Gb de almacenamento interno, cámaras de 13 e 3 Mpíxeles, batería de 3.000 mAh e un grosor de 10,5 milímetros, prestacións que parecen propias dun smartphone de alta gama. Haberá que agardar ao lanzamento deste terminal para saber se realmente está no prezo indicado, pois ata hai poucas semanas rumoreábase que tería un prezo de máis do dobre do que apuntan actualmente.

PUBLICIDADE