O Neo smartpen N2 permÃtenos gardar os nosos apuntes no móbil
luns, 6 de outubro do 2014
Estes dÃas está
a ter moi boa acollida en Kickstarter o novo lapis dixitalizador Neo smartpen N2, que
reflexa o que escribimos no papel nun dispositivo electrónico que funcione con iOS, Android ou
Windows. Este accesorio mide 156,5 x 11,8 milÃmetros, pesa 24 gramos e inclúe
unha memoria interna na que podemos almacenar até 1.000 páxinas para que, ao
conectar logo o lapis ao noso dispositivo móbil, poidamos gardar toda esa
información dixitalmente., permitindo incluso a sincronización con Evernote.
Temos asà unha excelente solución para gardar os nosos apuntamentos, permitindo
incluso que poidamos gravar voz no noso móbil durante a escritura, quedando a
información sincronizada, o que resulta moi práctico para cando queiramos
revisar algunha dúbida no texto recollido.
Mediante o motor MyScript tamén podemos recoñecer a escritura manuscrita para
convertela en texto, mentres que os debuxos que realicemos poderemos
transformalos en gráficos que logo poder editar en ferramentas como Photoshop
ou Illustrator.
Para escribir debemos empregar cadernos especÃficos, pero un detalle moi
significativo é que, se nos poñemos a completar unha páxina anterior, o sistema
recoñecerao, e editará o arquivo almacenado anteriormente.
O Neo smartpen N2 pode conseguirse xunto cun caderno de notas por a partires de
112 dólares australianos (89,71 euros cos gastos de envÃo incluÃdos). Os
cadernos de notas de tamaño A5 poden adquirirse por 9 dólares australianos (uns
6,26 euros).
- O Neo Smartpen N2 ten unhas dimensións e un deseño moi semellante ao dunha pluma ordinaria
VÃdeo de presentación da campaña en Kickstarter do Neo smartpen N2