O Nexus 4 rebaixa o seu prezo en 100 euros
mércores, 28 de agosto do 2013
O pasado mes de
novembro chegaron a Europa os smartphones insignia de Google que
revolucionaron o mercado, pois o Nexus 4 poñÃase á venda con capacidades de
almacenamento de 8 e 16 Gb por só 299 e 349 euros respectivamente, converténdose
nos móbiles libres máis atractivos en función da súa relación calidade-prezo, á
vez que se trata de terminais da familia Nexus, o que garante a recepción das
novas versións de Android antes que a competencia e a pasada noite Google
volveu a repetir a xogada, non estreando un novo Nexus (que posiblemente
chegará en poucas semanas) senón rebaixando internacionalmente o móbil (a
rebaixa aplÃcase a Australia, Canadá, Francia, Alemaña, España, Corea do Sur,
EE.UU. e Reino Unido), de xeito que o Nexus 4
de 8 Gb pode adquirirse por 199 euros e o
modelo de 16 Gb por 249 euros, deixando en moi mala situacións a outros
smartphones á venda actualmente a prezos semellantes e con prestacións moi
inferiores.
É de agardar que esteamos ante unha liquidación de cara á chegada dun novo
Nexus 4 e, aÃnda que durante as últimas horas non parece haber problemas para
completar pedidos do atractivo terminal, posiblemente desapareza cedo da web
para deixar sitio a un novo Nexus 4 con especificacións actualizadas e, se
atendemos aos rumores, tamén fabricado por LG.
Novo Nexus 7
- O novo Nexus 7 presentouse hai un mes e chega hoxe a España
Outra importante novidade na tenda de dispositivos de Google Play é a chegada de unidades da versión de 2013 do tablet Nexus 7, que véndese por 229 e 269 euros con capacidades de 16 e 32 Gb respectivamente, e que presume de ser o tablet coa pantalla de 7 polgadas con máis densidade do mundo (a súa resolución é de 1.920 x 1.200 pÃxeles). Este dispositivo está fabricado por Asus, funciona cun procesador Qualcom Snapdragon S4 Pro de 4 núcleos e 2 Gb de RAM, o seu grosor é de só 8,65 milÃmetros, pesa 290 gramos, permite a carga sen fÃos da súa baterÃa de 3.950 mAh e conta tamén cun conector SlimPort que facilita a posibilidade de conectar o tablet a un televisor (para o que podemos empregar adaptadores como o fabricado por Kanex do que falamos a primeiros de mes).