O Nexus 7 comezará a venderse en España o 3 de setembro
venres, 24 de agosto do 2012
O agardado tablet de Google, o Nexus 7, está xa á venda en varios
paÃses como EE.UU. e Reino Unido, agardándose a súa chegada a España durante o
mes de setembro a un prezo oficial de a partir de 199 euros, pero sen unha data
de lanzamento oficial, que polo que podemos saber a través de páxinas
web que xa permiten a súa reserva serÃa tan cedo como o dÃa 3, o que
agradecerán os que desexen adquirir un tablet con Android de tamaño reducido e
grande potencia a un prezo axustado de cara á volta ao cole.
O Nexus 7 chegará en 2 versións segundo a súa capacidade de almacenamento
interno, que serÃa de 8 ou 16 Gb, de xeito que terÃa prezos de 199 e 249 euros
respectivamente, incluÃndo en ambos casos un cupón de 20 euros para gastar en
Google Play.
Este novo tablet é moi superior á meirande de dispositivos con Android que hai
actualmente no mercado, tanto pola súa pantalla (que pese a ser de 7 polgadas
ten unha resolución de 1.280 x 800 pÃxeles, panel IPS e protección contra
rabuñaduras) como polo seu procesador (nVIDIA Tegra 3 de 4 núcleos). Tamén
conta con 1 Gb de RAM, cámara para videoconferencias de 1,2 MpÃxeles, micro
USB, NFC, Wi-Fi N, Bluetooth e GPS, conxunto de tecnoloxÃas que poucas veces
vemos nun único trebello, que para rematar de completarse, inclúe o sistema
operativo Android 4.1. A súa baterÃa de 4.325 mAh permÃtelle unha autonomÃa dunhas 10 horas navegando pola web ou 9 horas reproducindo vÃdeo en alta definición. Mide 198,5 x 120 x 10,45 milÃmetros e pesa 340 gramos,
polo que resulta ideal para o seu uso en mobilidade.