O Nokia 7.1 chegará ás tendas por a partires de 349 euros
venres, 5 de outubro do 2018
AÃnda que na resurrección
da marca Nokia no mundo dos smartphones o sinal de identidade semellaba ser o
contar cunha versión de Android bastante pura
e con actualizacións rápidas e frecuentes, tras chegar a un acordo con ZEISS
tamén se aposta por cámaras de certa calidade, o que fai que sexa bastante
interesante a actualización dun dos seus terminais de gama media, o Nokia 7.
Temos asà o
Nokia 7.1, un smartphone con pantalla IPS de 5,84 polgadas cunha resolución
de 2.244 x 1.080 pÃxeles con capacidade HDR e pestana superior, procesador
Qualcomm Snapdragon 636, 3 GB de RAM e 32 GB de almacenamento ou 4 GB de RAM e
64 GB de almacenamento (podendo en ambos casos ampliarse o almacenamento con
tarxetas de memoria microSD), cámara traseira dual (con obxectivos ZEISS) cun
sensor principal de 12 MpÃxeles (e apertura f/1.8) e outro secundario de 5
MpÃxeles, cámara frontal de 8 MpÃxeles (con apertura f/2.0), lector traseiro de
pegadas dixitais, toma para auriculares, baterÃa de 3.060 mAh e sistema
operativo Android One. Chegará a Europa o 22 de outubro a un prezo de 349 euros
para o modelo con 3 GB de RAM e 32 GB de almacenamento, mentres que o modelo
con 4 GB de RAM e 64 GB de almacenamento venderase a 400 euros.