O Nokia C2-03 permitirá cambiar a súa segunda SIM en quente

martes, 21 de xuño do 2011 Marcus Fernández

O ano pasado Nokia presentaba os terminais económicos Nokia C1-00, C1-01, C1-02 e C2-00, e avanzando nesa dirección achega agora o Nokia C2-03, un terminal de gama media con teclado numérico deslizante e sistema Touch & Type (ou sexa, con pantalla táctil). Este terminal tamén é dual SIM, innovando co feito de que unha destas tarxetas de telefonía móbil podo intercambiarse en quente podendo lembrar o móbil ata 5 tarxetas diferentes sen reiniciar. Esta característica Easy Swap resulta moi interesante para quen queira alternas liñas persoais e profesionais nun único móbil ou para que se mova por territorios con problemas de cobertura ou entre varios países.
O Nokia C2-03 mide 103 x 51,4 x 17 milímetros, pesa 118 gramos, ten unha autonomía de ata 400 horas en espera, 5 horas en conversa e 35 horas de reprodución musical, a súa pantalla ten unha resolución de 240 x 320 píxeles, inclúe Nokia Maps de serie, ten 10 Mb de almacenamento interno ampliable mediante tarxetas de memoria de ata 32 Gb e conta cunha cámara de 2 Mpíxeles.
Agárdase que chegue a distintos mercados internacionais (con certa prioridade nos emerxentes) durante o terceiro trimestre do ano a un prezo libre de 77 euros (o que pode variar dun país a outro).


Vídeo de presentación do Nokia C2-03

PUBLICIDADE