O Nokia Lumia 525 chega á gama baixa de Windows Phone 8 con 1 Gb de RAM
mércores, 27 de novembro do 2013
A páxina web de Nokia e a súa canle de YouTube sorprenderon
nas últimas horas, sen anuncio previo da compañÃa finlandesa, cun novo
smartphone, o Nokia
Lumia 525, que vén a ser unha revisión do Lumia 520 (smartphone que
conseguiu colocar a Windows Phone como segunda plataforma móbil nalgúns paÃses
de América latina e Europa grazas a achegar unha boa experiencia de uso por un
prezo axustado) que corrixe a súa principal carencia ao elevar a súa RAM ata 1
Gb. E parece que este dispositivo vai manter o seu prezo agresivo, xa que dende
Singapur adianta que vai
venderse a 249 dólares de Singapur (146 euros) a partir do 14 de decembro.
O Nokia Lumia 525 é un dispositivo con pantalla IPS táctil super sensitiva (podemos
empregala coas luvas postas) de 4 polgadas cunha resolución de 800 x 480
pÃxeles, procesador Qualcomm Snapdragon S4 de dobre núcleo a 1 GHz, 1 Gb de
RAM, 8 Gb de almacenamento interno (ampliable mediante tarxetas microSD de ata
64 Gb), cámara de 5 MpÃxeles, Wi-Fi N, Bluetooth 4.0, baterÃa de 1.430 mAh, un
grosor de 9,9 milÃmetros e un peso de 124 gramos, que ten moitas bazas para
repetir o éxito comercial do seu predecesor.
VÃdeo de presentación do Nokia Lumia 525