O Note8 terá unha edición limitada dos Xogos de Inverno

mércores, 17 de xaneiro do 2018 Marcus Fernández

A menos dun mes da Olimpíadas de Inverno Samsung anuncia que dentro do seu rol de partner oficial do evento para as comunicacións móbiles e o equipamento informático preparou unha versión do seu Galaxy Note8 chamada PyeonChang 2018 Olympic Games Limited Edition, que empregarase durante o evento para facilitar a comunicación e a captura de recordos para compartilos.
A compañía surcoreana repartirá máis de 4.000 unidades da edición limitada do seu Note8 entre os deportistas olímpicos e paralímpicos, así como entre os organizadores do evento. Esta revisión do móbil estrela de Samsung destaca por contar cunha traseira de cor branca, co que buscan celebrar o inverno, contando tamén cuns toques dourados e cos cinco aneis olímpicos gravados na súas parte traseira (tamén en cor dourada).
Estes móbiles incluirán software e temas de escritorio precargados para resultar de utilidade durante a celebración dos Xogos e para casar tamén coa imaxe do evento.

PUBLICIDADE