O OQO modelo E2 incorpora HSDPA

martes, 4 de decembro do 2007 Marcus Fernández

O pasado mes de setembro chegou ó mercado europeo o modelo E2 do popular ordenador ultraportátil OQO, que agora xa se pode reservar unha versión renovada do mesmo que inclúe conectividade HSDPA/UMTS 2.100 Mhz, GSM/EDGE/GPRS 900/1.800 MHz, de xeito que mellora de xeito importante a súa mobilidade, pois onde non conte con conectividade Wi-Fi poderá empregar a banda larga móbil que comercializan moitas operadoras de telecomunicacións.
Os novos OQO miden 142 x 84 x 25 mm, pesan só preto de medio quilogramo, inclúen procesadores de entre 1,5 e 1,6 GHz, 1 Gb de memoria RAM, disco duro de ata 120 Gb, pantalla WVGA de 5 polgadas, Wi-Fi, Bluetooth, saída de vídeo VGA e HDMI, USB 2.0, teclado retroiluminado e se pode mercar con Windows XP ou mesmo con Windows Vista, o que resulta impresionante para un equipo de tan reducido tamaño.

PUBLICIDADE