O Oppo Find 5 podería ser o primeiro smartphone con Android e pantalla Full HD

luns, 17 de setembro do 2012 Marcus Fernández

A empresa chinesa Oppo continúa querendo innovar no mundo da telefonía móbil, e tras presumir dos 6,65 milímetros de grosor do seu Oppo Finder, presenta agora o Find 5, que quere converterse en todo un terminal innovador, cun procesador Qualcomm Snapdragon S4 Pro APQ8064 de catro núcleos a 1,5 GHz, 2 Gb de RAM e unha impresionante pantalla de 5 polgadas cunha resolución de 1.920 x 1.080 píxeles (441 puntos por polgada) de xeito que podería ser o primeiro smartphone con Android en chegar cunha pantalla Full HD.
Este potente móbil tamén contará cunha cámara de 12 Mpíxeles, Wi-Fi N, Bluetooth 4.0 e Android 4.1, repetindo o grosor de 6,65 milímetros (deixando claro que o iPhone 5 non é o smartphone máis delgado do mercado).

PUBLICIDADE