O PES convértese nun xogo de balde multiplataforma
mércores, 21 de xullo do 2021
Os xogos de fútbol de Konami hai tempo que perderon o seu
pulo, totalmente superados polos FIFA de EA Sports, e como mostra
tivemos que o ano
pasado mudaron o seu nome a eFootball PES
2020 e incluso lanzaron o
eFootball PES 2021 LITE como xogo free-to-play, pasos que
serÃan o anticipo ao grande cambio que anuncian hoxe: a marca PES
desaparece e pasa a responder unicamente por eFootball, converténdose
tamén o free-to-play como única modalidade de xogo.
Temos asà que este ano o eFootball
será un xogo de balde e multiplataforma, que contará con versións para PS5,
PS4, Xbox Series X|S, Xbox One, PC (Windows 10 e Steam), iOS e Android; e
ofrecerá novas caracterÃsticas, modos e eventos, de xeito que tras o verán
veremos como pouco a pouco vai incorporando cambios como un novo motor, a
posibilidade de xogar entre consolas de distintas xeracións (que máis adiante
permitirá tamén que os xogadores de consola compitan contra os de PC) e
chegarán incluso a permitir os partidos multiplataforma entre todos os dispositivos
para os que o xogo estea dispoñible (prestación que chegarÃa xa no inverno).
Con este cambio xa non veremos lanzamentos anuais do xogo, senón actualizacións
de balde coas distintas tempadas, o que poderÃa contribuÃr a manter unha base
de usuarios estable e fiel, na liña ao que acontece con outros xogos multiplataforma
free-to-play.
VÃdeo de presentación de eFootball